PASO A SECUNDARIA

Hoxe despedímonos dos nosos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria nunha fermosa  e emotiva festa de graduación.
Nervios,temores... pero tamén moita ilusión ante  a nova etapa que comeza.
Como sabedes, para facilitar o cambio levamos a cabo unha serie de actividades que forman parte do programa de transición a Secundaria, que realizamos conxuntamente co instituto ao que estamos adscritos:
  • Visita ao novo centro para coñecer as aulas, as instalacións etc.
  • Visita de antigos alumnos/as que, no curso actual, cursaron 1º de ESO para responder moitas das preguntas e resolver as dúbidas que poden xurdir ante o cambio.
  • Charla para as familias coa finalidade de obter toda a información que precisades. Desde o pasado curso, a charla  ten lugar no propio instituto.
  • Reunión entre o equipo docente de 6º e a xefa de estudos do Instituto, co fin de coordinar o cambio de etapa.
Ademais quixera compartir con todos vós estes documentos e recomendacións. Espero que vos sexan de utilidade.
Desexarvos toda a sorte do mundo nesta nova etapa, chea de novos retos que vos esperan! E recordade: sen cambio, non hai mariposa!!







  • Paso a Secundaria: presentación con información para as familias. Contén información sobre a nova etapa escolar, pautas para facilitala, documentos sobre a adolescencia e a educación dos vosos fillos/as


Comentarios